AGARIMO
GANDERÍA QUINTIÁN
Artesanía Alimentaria
Agarimo é un queixo de codia lavada elaborado con leite pasteurizado.
CARACTERÍSTICAS FÍSICAS: Forma cilíndrica. Peso aproximado 550 gr.
ASPECTO INTERIOR
Textura cremosa, elástica e fundente. A súa evolución no tempo lévanos do seu sabor láctico e tenro a un sabor intenso cunha textura máis dura e cunha concentración de sabor típica do Queixo do País.
A súa casca é natural cun sabor afroitado e un retrogusto moi elegante.
Falar de Agarimo é falar de tradición, cultura e territorio.
Para lavar a casca recuperamos a tradición das nosas avoas que utilizaban o soro da última produción e con el lavaban o queixo para axudar a formar a casca e que proporciona ese aroma tan característico do queixo galego.

