GANDERÍA QUINTIÁN

CHELO E JULIO

Chelo e Julio son o corazón que latexa detrás de Gandería Quintián, dúas persoas que souberon transformar a curiosidade, o esforzo e o amor polo seu oficio nun proxecto cheo de identidade.

Ao longo dos anos, Chelo entrou en contacto co mundo do queixo e decidiu formarse, coñecendo diferentes producións e aprendendo dos compañeiros do sector gandeiro. Xunto a Julio, emprendeu viaxes en familia que lles permitiron empaparse de experiencias únicas, sementando así a idea do que un día sería a súa propia queixería.

Co paso do tempo, deron o paso definitivo: crear un proxecto propio co que marcar a diferenza. Dende o inicio, tiveron claras as súas prioridades, apostando por unha queixería integrada na paisaxe, respectuosa co entorno e coa esencia do lugar.

Os seus queixos son artesanais, de casca comestible, onde o leite se converte no verdadeiro protagonista. Cada peza é traballada con dedicación, revolta a man día a día e refinada sobre madeira, nun proceso que require tempo, coidado e sensibilidade.

Para Chelo e Julio, a maxia do queixo reside na unión entre a calidade do leite e unha maduración paciente. Na súa adega, a humidade óptima conséguese de forma natural grazas á auga dun manancial que se filtra polas paredes, creando un microclima único. Este proceso permite que cada queixo transmita o medio no que nace: a terra, o bosque e a contorna que os rodea.

Así, os seus queixos non son só un produto, senón unha expresión viva da súa paisaxe e da personalidade de quen os elabora, convertendo cada creación nunha historia que se pode saborear.

Os nosos queixos
A nosa queixería

Gandería Quintián é moito máis ca unha explotación gandeira: é o reflexo dun xeito de vida vencellado á terra, ao coidado dos animais e ao respecto polos tempos naturais. Dende o corazón de Lugo, esta familia soubo transformar décadas de tradición nun proxecto moderno sen perder a súa esencia.

A súa verdadeira xoia son os queixos artesáns, elaborados con agarimo a partir do leite fresco do seu propio gando. Cada peza nace dun proceso coidado ao detalle, onde non hai présas nin atallos: só leite de calidade, mans expertas e paixón por facer as cousas ben. O resultado son queixos con identidade, que transmiten o sabor auténtico do rural galego e unha dedicación que se percibe en cada bocado.

Na Gandería Quintián, cada queixo conta unha historia: a de quen traballa a terra, a das vacas ben coidadas e a dun compromiso firme coa calidade e o artesanal. É, en definitiva, un proxecto que emociona porque demostra que o tradicional, cando se fai con corazón, pode ser tamén extraordinario.

GANDERÍA QUINTIÁN
Os nosos produtos

Néboa
Conta o que non se ve. O silencio da cava, a humidade da pedra, a delicadeza do Penicilium. Un queixo de pasta branda, cremoso, con aromas de bosque e sabor elegante a manteiga e noces. Un queixo que fala baixiño pero que queda no sentir.

Agarimo
Fala da memoria e do cariño das avoas, que moldeaban o queixo con calma e co que había. Recuperamos a codia lavada a man con soro e un sabor suave, lixeiramente ácido, con notas afrutadas e de nata. É o noso xeito de agradecerlles todo o que fixeron e todo o que nos deixaron. Amor e rebeldía contra o esquecemento.

Mourelo
É carácter e recoñecemento, é o avó Mourelo. Feito con leite crú, madurado a man ata acadar un sabor intenso e complexo. Herba seca, cereal, froitos secos… Un queixo de premio -medalla de ouro en Lyon e terceiro mellor queixo curado de vaca no Salón Gourmet 2024- que leva dentro todo o saber facer e toda a fachenda de Quintián.

Atópanos

Enderezo

Friolfe O Páramo, 27363. Lugo

Coordenadas
42.818481435405, -7.5271801739533

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp