Elixiches esta experiencia...
Almalarga

Almalarga

Alma das Donas
DO Ribeira Sacra

Cor amarela dourada, con reflexos amarelos. Aspecto limpo e brillante.

Intenso, afroitado e mineral. Con fondo de madeira ben ensamblado coa propia variedade. Gran complexidade aromática.

Boa entrada en boca, con certa acidez que á súa vez lle achega frescura. Equilibrado, untuoso e con gran presenza. Final redondo e agradable.

Maridaxe: Acompaña peixes, mariscos, pastas, arroces, asados, guisos e carnes.

Considerado un dos recunchos máis emblemáticos da Ribeira Sacra, a adega sitúase nunha contorna caracterizada por ser un escenario de paz e sosego, un lugar idóneo para a elaboración dos viños. Perfectamente integrada no medio, a produción baséase exclusivamente na uva procedente dos viñedos situados nas ladeiras do río Sil. Alma das Donas conta cunhas instalacións dotadas coas últimas tecnoloxías para a elaboración e embotellamento do viño. Para a produción destes, utilízanse depósitos de aceiro inoxidable e barricas de carballo francés. Con respecto aos viñedos, esténdense en cinco hectáreas propias cultivadas ao longo dos escarpados bancais característicos da Ribeira Sacra. Tanto a recollida como a produción lévase a cabo de maneira rigorosamente artesanal.

Queres estar á última das experiencias calidade?