Elixiches esta experiencia...
ARANTEI LA VAL

ARANTEI LA VAL 2023

Bodegas La Val, SL
DO Rías Baixas

De cor amarela limón con reberetes verdosos. Limpo e brillante.
Complexo e intenso en nariz, cunha marcada tipicidade varietal. Claras
sensacións de herbas e froita -fiúncho, loureiro e mazá-, notas frescas cítricas -pomelo e lichi-,
lías -brioche- e marcado aroma mineral -cuarzo e sílex-.
Boa estrutura marcada por unha potente acidez. Harmonioso, mantén o carácter
froiteiro e herbáceo. Longo e fresco final cítrico.
Harmonía: Perfecto con mariscos e peixes máis elaborados. Bo compañeiro de queixos frescos,
foie-gras e carnes brancas. Tamén adecuado para todo tipo de pastas e arroces.

Bodegas La Val foi unha das adegas pioneiras na elaboración de viño Albariño. Foi fundada no
1985 por D. José Limeres Guille, actual Presidente Honorífico. Esta adega comezou no Rosal,
na desembocadura do río Miño, cunha finca chamada La Val. Dela tomaron precisamente o seu
nome. Así mesmo, impulsaron a creación da DO Rías Baixas no 1988 e, desde entón, ostentan
unha vogalía no Pleno do Consello Regulador. Entre os anos 1989 e 1990, aumentaron a súa
superficie de viñedo coa plantación das fincas Arantei e Taboexa. No 2012, incorporaron Porto.
Foi no ano 2003, cando a produción se traslada á Finca Arantei, no municipio de Salvaterra de
Miño, cunha nova e moderna adega equipada coa máis alta tecnoloxía.

Atópanos

Enderezo

Barrio Muguiña · Arantei
36458 · Salvaterra de Miño
Pontevedra

Contacta

Teléfono

986 610 728

Correo Electrónico
aval@bodegaslaval.com

Queres estar á última das experiencias calidade?