Elixiches esta experiencia...
ARTELAC NABIZA
Queixería ARTELAC
DOP Arzúa-Ulloa
Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación. Posúe forma lenticular ou cilíndrica, cunha codia de cor amarela moi intensa, brillante e de aspecto graxo. A súa pasta, tamén de ton amarelo, é moi compacta. En nariz destaca o aroma a manteiga, sensación penetrante e picante. En boca, predomina o gusto a manteiga, con lixeiras notas a vainilla e froitos secos. Período de maduración mínimo de 6 meses.