Elixiches esta experiencia...
ARTELAC
Queixería ARTELAC
DOP Arzúa-Ulloa
ARTELAC é un queixo con DOP Arzúa-Ulloa, con pasta de cor uniforme, entre branca marfil e a amarela pálido. Aspecto brillante sen fendas, con poucos ollos, pequenos, angulosos ou redondeados e de distribución irregular. Codia fina e elástica de cor entre a amarela pallosa e a amarela escura, brillante, limpa e lisa.