Elixiches esta experiencia...
BARRAL ARZÚA-ULLOA
Queixería Barral
DOP Arzúa-Ulloa
Queixo de forma lenticular. Posúe unha codia fina e elástica, de ton amarelo palla natural. A súa pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos regularmente repartidos e cor branca-marfil, amarelenta. Aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur. Sabor tamén lácteo, lixeiramente salgado e acidez media-baixa.