Elixiches esta experiencia...
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g

BARRAL Arzúa-Ulloa 550g

Queixería Barral
DOP Arzúa-Ulloa

5,25€

Queixo de forma lenticular. Posúe unha codia fina e elástica, de ton amarelo palla natural. A súa pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos regularmente repartidos e cor branca-marfil, amarelenta. Aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur. Sabor tamén lácteo, lixeiramente salgado e acidez media-baixa.

Na Queixería Barral preservan o sabor auténtico dos seus queixos DOP Queixo Arzúa-Ulloa e DOP Queixo Tetilla.
Un traballo que recolle máis de 30 anos de tradición queixeira. Evolucionan cos novos hábitos de consumo sen perder a esencia.
 

Porque a orixe e a calidade sempre deben ir da man.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA BARRAL

Experiencia Barral

Queixería Barral está situada no concello de Arzúa, no centro xeográfico de Galicia, penúltima etapa do Camiño de Santiago. Unha localización privilexiada que a sitúa moi preto das principais cidades: a menos dunha hora da Coruña e Lugo, a media hora de Santiago de Compostela e a tan só 20 minutos do seu aeroporto. É o lugar perfecto para perderse e gozar do seu patrimonio natural e cultural. Así que convidámoste a que nos visites, previa reserva, realizaremos unha visita guiada pola queixería e remataremos cunha cata comentada dos nosos produtos. Anímate, aposta polo rural, pola súa gastronomía e desfruta desta experiencia no Camiño de Santiago.

Ponlles cara

Isabel Barral. Queixería Barral

Atópanos

Enderezo

A Riba, 6 · Pantiñobre
15810 · Arzúa
A Coruña

Coordenadas

Contacta

Teléfono

981 500 928

Correo Electrónico
info@queixosbarral.com

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp