En Airas Moniz encántanos compartir con todo o mundo o que facemos. Por iso, unha das actividades que organizamos son as visitas á queixería e á granxa, nas que se presenta o proxecto e se percorren as distintas cámaras de elaboración e maduración, así como os espazos onde viven os animais. E rematamos cunha degustacion dunha selección dos nosos queixos e manteiga, acompañados dun viño da Ribeira Sacra do Miño.
Tamén, previa petición e valoración, podemos deseñar experiencias queixeiras personalizadas, pensadas a medida de cada grupo ou visitante. Propostas nas que o tempo se detén entre aromas, texturas e paisaxe, e nas que se pode mergullar máis a fondo no noso xeito de entender o queixo, os animais e a terra.
Son experiencias coidadas ao detalle, onde se combinan visita, coñecemento e degustación, para que cada persoa leve consigo non só o sabor dos nosos produtos, senón tamén unha lembranza viva do lugar onde nacen.