Elixiches esta experiencia...

COELERNIS
Johnny Pérez Alonso
IXP Mel de Galicia
Mel de castaño, silva, xesta e mielato de carballo, o que lle aporta un alto contido en sales minerais e antioxidantes. Na fase visual presenta cor ámbar escura, con bastante densidade. Revela aromas herbáceos e vexetais de baixa persistencia. En boca non resulta demasiado doce, apreciándose notas salgadas e amargas.