Elixiches esta experiencia...
COLLEITA TINTO

COLLEITA TINTO

Adega Tapias Mariñán. Pazo Blanco Núñez, S.L
DO Monterrei

Viño tinto elaborado coas variedades de Mencía e Sousón.

Cor vermella granate e toques violeta, capa media.

Un esmagamento suave, un bo desprendemento e unha fermentación a temperatura controlada proporcionan aromas de boa intensidade de froitas vermellas, cacao e finas notas de regalicia.

Suave e aveludado en boca con taninos, doce e ben polimerizado, untuoso, saboroso e fácil de beber

A adega Tapias Mariñán xorde pola iniciativa dos irmás Branco Núñez, galegos arraigados en Barcelona e vinculados ao sector vitivinícola. Co tempo, esta sociedade fraternal aposta pola compra de viñedos e a situación da adega na localidade verinensa de Pazos, lugar idóneo situado dentro da DO Monterrei. 

Fundouse no ano 2004, e a día de hoxe conta con 85 ha de viñedo propio, de diferentes castes, en uva branca, godello, treixadura, albariño, dona branca e loureira,e no caso de uva tinta, mencía, araúxa e sousón.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA MARIÑÁN

Adega Tapias Mariñán

En Tapias Mariñán temos a posibilidade de ofrecerlle o visitante unha visita guiada polas instalación da adega, así como polos viñedos, con unha cata incluída o final da visita na que seguiremos contando información sobre os nosos viños, e responder as dubidas que lle aparezan os visitantes.

Preto da nosa adega pódese visitar O Castelo de Monterrei , e despois xa na zona de Verín podense visitar as diferentes rutas da Auga (Cabreiroa, Sousas...)

Ponlles cara

Aníbal Blanco

Atópanos

Enderezo

Estrada Nacional 525
Km 170,4 · Pazos · 32619
Verín · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 411 693

Correo Electrónico
info@tapiasmarinhan.com

Queres estar á última das experiencias calidade?