A COROA 2023
Adega A Coroa, SAT
DO Valdeorras
Cor palla brillante, con marcados matices verdosos en capa fina que nos lembran
ás combinacións harmónicas de flores de folla verde, amosando a súa coidada elaboración. Brillo
cristalino e harmoniosa lágrima.
Preséntase con gran franqueza de aromas e notable intensidade. Sutilmente,
amosa notas especiadas que se funden cos aromas de herbas brancas silvestres. Afloran notas
de cítricos, froita tropical, froita madura de carabuña e un leve ton anisado que lembra ao fiúncho.
Posúe un marcado toque vexetal típico da variedade e sobresaínte limpo.
En boca, denota un viño fresco, con acidez menos marcada, gañando suavidade
e untuosidade. É un viño longo, caracterizado polo seu lixeiro amargor, algo propio dos grandes
godellos. Retronasal delicadamente sutil, con notable recordo de flores brancas.
Harmonía: Mariscos, peixes, carnes brancas, queixos, arroces e ensaladas.