Elixiches esta experiencia...
Queixo San Simón da Costa DON CRISANTO

DON CRISANTO SAN SIMÓN DA COSTA

Crisanto SAT - Queixería Don Crisanto
DOP San Simón da Costa

14,50€

Queixo tradicional, curado e afumado con madeira de bidueiro. Ten un mínimo de 45 días de curación. Pasta semidura e textura cremosa, sabor suave e pouco graxo. Aroma e gusto singulares moi característicos.

A queixería Don Crisanto é unha empresa familiar que inicia a súa actividade no ano 1990, acadando un gran recoñecemento pola súa longa traxectoria na produción tradicional de diferentes tipos de queixos. Os seus antepasados amosáronlles o camiño para sacar o máximo partido ao leite saído das súas propias vacas, logran así elaborar queixos distinguidos pola súa calidade e propiedades organolépticas.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA DON CRISANTO

Experiencia Don Crisanto

Dende a nosa queixería familiar Don Crisanto, animámosvos a que vos acheguedes a coñecer este lugar, a nosa contorna, a nosa fermosa paisaxe, un rural tranquilo que nos permite destrutar de moitas aventuras: rutas de senderismo pola montaña, coñecer a Torre dos Andrade, un paseo con baño na praia fluvial...

Estaremos encantados de recibirvos na nosa queixería, coñeceredes as nosas instalacións e comprobaredes o agarimo, amor e esmero que poñemos na elaboración do produto para o desfrute dos vosos padais esixentes.

Contamos cunha pequena casiña anexa á queixería  na que vos sentiredes cómodos durante a degustación e cata comentada dos produtos que vos ofrecemos. Agardamos por vós!!

Ponlles cara

María Cuba. Queixería Don Crisanto.

Atópanos

Enderezo

Moreda, s/n · Lanzós
27816 · Vilalba
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

982 525 637

Correo Electrónico
crisantosat@hotmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?