Elixiches esta experiencia...
Queixo FONTELAS

FONTELAS

Queixería Fontelas
DOP San Simón da Costa

16,00€

Queixo elaborado con leite fresco de vaca, cunha curación mínima de 45 días e afumado con madeira de bidueiro. A súa codia é dura e inelástica, de pasta fina, graxa, semidura e cunha cor entre branca e amarela. Suave ao corte. Aroma e sabor característicos que lembran a manteiga e ao fume das antigas lareiras galegas.

Dende o lugar de Lobán, en pleno San Simón da Costa, Queixería Fontelas elabora os seus queixos de forma tradicional para facelos chegar a todos os recantos do mundo. Esta queixería familiar conxuga o saber facer dos seus devanceiros e os métodos tradicionais coas últimas tecnoloxías, para obter así un produto de gran calidade adaptado aos nosos tempos. En definitiva, queixos de antes para a xente de hoxe. O seu produto estrela é o queixo DOP San Simón da Costa, un produto que elaboran dende fai 32 anos, logrando así non deixar que se esvaecese unha arraigada tradición da que os seus avós se sentirían orgullosos.

Ponlles cara

Javier Piñeiro. Queixería Fontelas. DOP San Simón da Costa

Atópanos

Enderezo

Pol. Ind. Sete Pontes · Rúa Manciñeiras, 41
27800 · Vilalba
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

982 513 643

Correo Electrónico
info@fontelas.es

Queres estar á última das experiencias calidade?