Elixiches esta experiencia...
Gran bazán. Don Alvaro de Bazán 2018
Bodegas Granbazán
DO Rías Baixas
Viño DO Rías Baixas da colleita de 2018 elaborado con uva albariño e con crianza sobre lías.
Cor amarela intensa, límpida, con reflexos brillantes.
En nariz lembra á brisa do mar, camomila, chocolate branco, dátiles e froitos amarelos, como os mirabeis ou a papaia.
De entrada potente, untuoso. O seu volume enmarca a equilibrada acidez. Moi salino e de final persistente.
Maridaxe: Perfecto con mariscos, peixe fresco á prancha, sushi, conservas de mexillóns e berberechos ao natural.