GRAN BAZÁN. DON ÁLVARO DE BAZÁN
Bodegas Granbazán
DO Rías Baixas
DO Rías Baixas
Tremoedo, 46
36628 Vilanova de Arousa
Pontevedra
986 555 562
https://www.bodegasgranbazan.com
agrodebazan [at] agrodebazan.com (agrodebazan[at]agrodebazan[dot]com)
Adegas Granbazán, da DO Rías Baixas, foi fundada en 1981 e atópase situada no Val do Salnés, en pleno corazón das Rías Baixas.
Temos un precioso edificio neoclásico cuberto de azulexo azul de marcada influencia indiana, orientado ao norte, protexido dos calorosos raios do sur e rodeado de vellas parras de Albariño.
Un viñedo de 14 hectáreas, onde se selecciona a mellor uva desde o momento da recollida. Ademais das 14 hectáreas ao redor da adega, Granbazán conta con 3 hectáreas en Covas do Lobo. O sistema escollido é a “parra”, típica de zonas húmidas e chuviosas.
Os nosos albariños son o reflexo da nosa aposta pola calidade, dende o viñedo ata a botella. A gama de viños Granbazán ten moita personalidade.
Os máis novos, de cor amarela-verdosa, maduros, cun equilibrio en boca sublime, onde a fresca acidez lles achega unha capacidade de garda insospeitada e o posgusto salino, fanos irresistibles. Perfectos para maridar con peixes, mariscos, arroces, pastas e tapas. Finos, elegantes e moi equilibrados.
Ofrecemos 3 viños novos: Contrapunto, Etiqueta Verde e Etiqueta Ámbar, así como 2 viños de crianza, Don Álvaro de Bazán e Limousin. E, por último, o noso viño de edición limitada Veigalobos. Tamén está en proxecto para finais deste ano un viño tinto e un espumoso. Con Don Álvaro de Bazán 2018 acadamos o Acio de Prata na categoría de viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2021.
Tremoedo, 46
36628 · Vilanova de Arousa
Pontevedra