Elixiches esta experiencia...
GRAN BAZÁN ETIQUETA AMBAR
GRAN BAZÁN ETIQUETA AMBAR

GRAN BAZÁN ETIQUETA AMBAR

Bodegas Granbazán
DO Rías Baixas

20,00€

Viño branco da DO RÍAS BAIXAS do val do Salnes elaborado coa variedade Albariño. Fermentación controlada en depósito de aceiro inox. Traballo de lías finas con batonnage e embotellado 8 meses despois de finalizada a fermentación.

Temperatura de servicio: 10-12ºC. Graduación: 13,20%

Notas de Cata: cor amarillo dourado, limpo e brillante. Intensidad aromática alta cunha complexa paleta de froitas amarelas como mirabel, caqui ou níspero, entrelazadas con toques cítricos de lima e ralladrua de yuzu. En boca é envolvente cunha textura cremosa e pulida grazas ao traballo sobre lías, equilibrada por unha acidez vibrante que aporta frescura e un largo final.

A perla do predio Tremoedo é o fermoso edificio de Bodegas Granbazán, adega fundada en 1981, con marcada influencia do château francés, agora recuberta de azulexos azuis cun xesto ás casas indianas galegas. A adega, de estilo neoclásico, está semienterrada e orientada cara ao norte, mantendo temperaturas constantes e frescas durante todo o ano. Bodegas Granbazán nace da man dun ambicioso proxecto vitícola cuxo obxectivo era lograr uns viños capaces de conter de maneira fiable as privilexiadas condicións climáticas destas terras, o que dá como resultado un Albariño único no mundo. Protagonista dunha importante revolución agroindustrial, actualmente a adega é un referente en I+D+I no campo da viticultura e da enoloxía.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA GRANBAZÁN

Experiencia Granbazán.

Ofrecemos visitas guiadas con cata dos nosos viños, xantares con menú degustación e eventos como comuñóns, vodas e  bautizos. Traballamos con cociñeira propia desde fai 18 anos, e con cociña tradicional galega.
Tenda. Visitas guiadas e catas comentadas, con cita previa.

Máis detalle das nosas experiencias

Enoturismo

 

Ponlles cara

Adolfo Picáns. Adegas Granbazán

Atópanos

Enderezo

Tremoedo, 46
36628 · Vilanova de Arousa
Pontevedra

Contacta

Teléfono

986 555 562

Correo Electrónico
agrodebazan@agrodebazan.com

Queres estar á última das experiencias calidade?