Elixiches esta experiencia...
A illa

A illa

Ricardo Abal Padín
DO Rías Baixas

Cor amarela palla con escintilacións bronce. Limpo e con moito brillo.

Alta intensidade aromática. Destaca a mazá verde, o pexego e os cítricos con notas de azar e herba seca.

Redondo, con boa estrutura e corpo. Acidez moi ben ensamblada. O retrogusto volta a lembrarnos os matices destacados na fase olfactiva.

Maridaxe: Peixes, mariscos e carnes brancas.

No ano 2000 fúndase a adega de Ricardo Abal Padín, amparada polo Consello Regulador da DO Rías Baixas. Trátase dunha empresa familiar situada no val do Salnés que comeza a súa andaina elaborando tan só 5.000 litros de viño albariño en depósitos de aceiro inoxidable. Nun principio, a uva procede das parcelas pertencentes ao propietario da adega pero, co paso dos anos, para satisfacer as necesidades do mercado foi necesario acudir á compra deste produto e dispor de varios provedores-viticultores, xa que na actualidade elaboran preto de 70.000 litros. Esta pequena adega comezou comercializando unha única marca, o viño Lagar da Cachada, cuxo nome fai referencia á zona onde se atopa esta.

Atópanos

Enderezo

Lugar de Bouciña, 26 · Vilariño
36633 · Cambados · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

670 452 929

Correo Electrónico
lagardacachada@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?