Elixiches esta experiencia...
JOAQUÍN VÁZQUEZ

JOAQUÍN VÁZQUEZ

Adega Joaquín Vázquez
DO Ribeiro

Cor cereixa intensa.

Froitas vermellas, negras e azuis con taninos suaves e redondos. O aroma do Mencía posúe notas delicadas de flores, con intensas froitas vermellas e negras silvestres. Toques minerais.

Aveludado, con gran capacidade de expresión do “terroir”.

Maridaxe: Carnes vermellas, caza e polbo.

A Adega Joaquín Vázquez está situada en Pazos Ermos, un fermoso pobo de Cenlle, no corazón do Ribeiro. Esta adega familiar prima os métodos artesanais que xa seguían os seus devanceiros, continuando cun proceso de elaboración tradicional. A orientación dos viñedos e a súa especial climatoloxía, confírenlle ao viño unhas características únicas que o fan perfecto para desfrutar na compaña de familiares e amigos.

Atópanos

Enderezo

Pazos Ermos
32415 · Cenlle
Ourense

Contacta

Teléfono

988471212-650869453

Correo Electrónico
muebleskikosl@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?