Ladairo Tinto Barrica 2022
Bodegas Ladairo
DO Monterrei
Viño tinto de crianza da D.O. Monterrei (Val de Monterrei), elaborado por Bodegas Ladairo na colleita 2020, con formato de 75 cl e un grao alcohólico do 14% vol. Está elaborado a partir das variedades Mencía e Araúxa (Tempranillo) e contén sulfitos.
Ten unha crianza de 8 meses en barricas de carballo francés e americano de 225 e 300 litros, o que achega complexidade e equilibrio entre froita e madeira.
Na fase visual presenta un aspecto límpido e brillante, de capa media e cor vermello púrpura. No nariz é intenso e complexo, con predominio de froita vermella e carácter mineral, xunto con notas de cacao, café, regaliz, caramelos, balsámicos e madeiras nobres, perfectamente integradas coa crianza.
Na boca amosa unha estrutura media-alta, con taninos maduros e ben pulidos, textura suave, aterciopelada e á vez potente, cun paso cálido e lixeiramente goloso que deixa unha sensación equilibrada e agradable.
Recoméndase servir entre 12 e 15 ºC.

