
María Soliña Smoked Bock 12 uds.
MENDUIÑA
Artesanía Alimentaria
Cervexa afumada de baixa fermentación, elaborada con dez maltes e inspirada nas receitas tradicionais de Baviera.
Dunha cor castaña intensa, coroa de escuma branca. Os cereais seleccionados para esta receita apórtanlle un marcado perfil maltoso e afumado. De corpo medio e final seco cun punto de fume.
Marida con todo tipo de ingredientes á brasa, carnes ou verduras, especialmente aqueles condimentados ou aliñados nun medio ácedo, como a mostaza ou vinagre. Patés, queixos e peixes afumados. Resulta excelente acompañante de empanadas doces, de mazás ou ameixas.