Elixiches esta experiencia...
MEL O CORTIZO

MEL O CORTIZO

Mel O Cortizo Zobra - Avelina Calvo Munín
IXP Mel de Galicia

Mel en estado líquido de cor ámbar escura. En nariz, o seu olor remítenos á cera das abellas, mentres que en boca posúe un intenso sabor doce que se disolve con facilidade.

De carácter familiar e con máis dunha década de traxectoria, O Cortizo posúe duascentas colmeas das que se recollen ao redor de mil quilos de mel procedentes dos montes de Zobra, entre a Serra do Candán e O Testeiro. Situámonos precisamente dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos, nunha área declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, onde predominan o breixo, o castiñeiro e a silva.

Atópanos

Enderezo

Zobra, 34
36519 · Lalín
Pontevedra

Contacta

Teléfono

690 332 917

Correo Electrónico
melocortizo@yahoo.es

Queres estar á última das experiencias calidade?