Elixiches esta experiencia...
MELES JS

MELES JS

Souto Vivo, C.B.
IXP Mel de Galicia

12,00€

Mel cru de extracción en frío, de gusto refinado e coidado, con mestura de eucalipto, dous tipos de breixo e notas de castiñeiro. Posúe unha tonalidade ámbar escura con matices e sabor que remiten á súa orixe natural. Olor floral e vexetal con toques de cera. Este mel obtívose das colmeas da Serra da Groba na provincia de Pontevedra, lugar excepcional que mestura vexetación de matogueira por verse exposto aos ventos procedentes do Atlántico e aos bosques de ladeiras de vexetación tradicional galega.

Souto Vivo, C.B. obtén o seu mel das alvarizas dos montes das provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo, onde priman o eucalipto, o castiñeiro e o breixo. A súa materia prima procede directamente de colmeas propias nas que o mel se recolle no momento óptimo de maduración. A súa extracción realízase en períodos decrecentes da lúa seguindo a tradición e premisas das técnicas biodinámicas.

Ponlles cara

Eva Seijo. Souto Vivo. Meles JS

Atópanos

Enderezo

Camiño Lugar de Arriba, 7
36313 · Vigo
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 375 985

Correo Electrónico
melesjs@yahoo.es

Queres estar á última das experiencias calidade?