Elixiches esta experiencia...
MELES JS MULTIFLORAL
Souto Vivo, C.B.
IXP Mel de Galicia
Mel cru de extracción en frío, de gusto refinado e coidado, con mestura de eucalipto, dous tipos de breixo e notas de castiñeiro. Posúe unha tonalidade ámbar escura con matices e sabor que remiten á súa orixe natural. Olor floral e vexetal con toques de cera. Este mel obtívose das colmeas da Serra da Groba na provincia de Pontevedra, lugar excepcional que mestura vexetación de matogueira por verse exposto aos ventos procedentes do Atlántico e aos bosques de ladeiras de vexetación tradicional galega.