Elixiches esta experiencia...
NAI E SEÑORA

NAI E SEÑORA 2022

Terra de Asorei, S.L.
DO Rías Baixas

Limpo e brillante. Cor amarela palla con reflexos verde limón.
Nariz complexo onde destacan as notas de carácter varietal -froita cítrica, froita
de óso, etc.-, herbas aromáticas e fondo mineral.
Entrada en boca envolvente, con moi bo equilibro acidez-azucre e cun postgusto
longo. Destacan as notas de carácter varietal da uva albariña no retronasal.
Harmonía: Grelladas de peixe e verduras, sushi, carpaccio de peixes e mariscos.

Esta adega traballa os viñedos coma o escultor traballa a pedra, tallando con ciceladas de experiencia, ciencia, alma e humanidade para acadar arte feita viño: Terra de Asorei. Cambados, capital do Albariño, é terra de grandes escultores que levaron a pedra e a madeira galega a formar parte do diálogo universal da arte, coma eles queren presentar a autenticidade do albariño Terra de Asorei para entrar en diálogo cos grandes viños do mundo.

 

VIVIR UNHA EXPERIENCIA TERRA DE ASOREI

Terra de Asorei

Ven a coñecernos, ven a compartir con nos a autenticidade e a afouteza que representa a viticultura feita á man, humana e social do Val do Salnés, nas Rías Baixas en Galicia. Ofrecémosche unha experiencia enoturística na que compartiremos a nosa paixón contigo e verás cómo elaboramos os nosos viños, como se transforman esos racimos de uva, coidados con tanto cariño ata converterse nos nosos albariños que elaboramos no Salnés e que hoxe teñen presencia en máis de 18 países, de EEUU a Xapón, de Canadá a Rusia, de Inglaterra a Porto Rico, de Escocia a Holanda, de Bélxica a Polonia, de Alemaña a Irlanda….

Queremos emocionarte… ven a disfrutar dun momento auténtico. Queremos que leves algo de nos, que leves no teu corazón Galicia, a nosa cultura galega. Ofrecemosche moitas experiencias vinculadas cos nosos viños que non esquecerás. Ti elixes!! Deixate sorprender con: visitas á adega, aos viñedos singulares, degustación da nosa completa gama de albariños, catas comentadas, degustación gastronómica de produtos típicos da gastronomía galega, rutas guiadas, saídas en barco e moito máis que poderás desfrutar se nos consultas previamente. Reserva a túa visita!!

Enoturismo Terra de Asorei

 

 

Ponlles cara

Adegas Terra de Asorei

Atópanos

Enderezo

Lugar de Cabeiro · 36637
Meis · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 680 868

Correo Electrónico
info@terradeasorei.com

Queres estar á última das experiencias calidade?