Xosé Ramón Durán

Son Xosé Ramón Durán, coñecido por moitos como Roque Durán porque levo máis de 30 anos combinando duas paisons: o xornalismo e a elaboración de albariño. Como persoa que apostou pola modernización e a creación de riqueza no noso país, vivín o que foi a revolución agraria do albariño que se produciu no Val do Salnés nos anos 80.
Despois de ir a Universidade creei a miña primeira adega no ano 89, iso foi evolucionando ata que no ano 2008 fundei Adegas Terra de Asorei, da que actualmente son presidente e conselleiro delegado.
Terra de Asorei é unha empresa familiar do século XXI onde sin deixar a nosa cultura como viticultores e o noso coñecemento como adegueiros, formamos parte dunha empresa cun consello de administración que toma decisións para elaborar viños albariños auténticos de calidade para presentar no mundo.
Hoxe estamos presentes en 23 paises e cando a xente cata e proba os albariños Terra de Asorei, queremos que sepan que detrás destes viños hai persoas, unha paisaxe, unha cultura propia e unha forma de entender o pais, porque en cada copa que degustan dos nosos albariños queremos que leven a Galicia no corazón.
 

Terra de Asorei
A miña adega

Adegas Terra de Asorei está equipada coa última innovación en tecnoloxía e conta cunha capacidade inicial de elaboración de unhas 400.000 botellas ao ano. Dispoñemos de 60 hectáreas de viñedos no Val do Salnés, na Denominación de Orixe Rías Baixas en Galicia, cunha idade de 15 a 80 anos, localizadas nunha contorna máxima duns 15 minutos da adega. Dispoñer dos nosos propios viñedos significa que podemos controlar a calidade do noso albariño dende a orixe. Mimamos a terra, as cepas e as uvas pero tamén a elaboración na nosa adega e a comercialización. Todo este proceso é xestionado cun software especializado para o seguimento de trazabilidade, o cal nos permite crear as tres liñas de albariño que dispoñemos: Terra de Asorei,  Nai e 1953 Pazo Torrado. Hoxe os nosos albariños teñen caracter internacional. Están presentes en EEUU (Florida, California, Nova York, Chicago…), Xapón, Inglaterra, Holanda, Bélxica, Irlanda, Alemaña, Escocia, Noruega, Suecia, Rusia, Brasil...

viñedos Terra de Asorei
Os meus produtos

Entre a variedade de produtos que temos, destacamos  Selección privada Terra de Asorei 2018, marca coa que acadamos o Acio de Bronce, na categoría viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2020. Albariño con crianza nas súas lías finas de 12 meses, con intensidade aromática e evolución positiva en botella. Edición limitada de 6.666 botellas e brut Terra de Asorei co que obtivemos o Acio de Ouro en viños espumosos nas Catas de Galicia 2023.

Ademais dispoñemos das seguintes referencias:

  • Asorei. Albariño tradicional do Val do Salnés, afroitado e agradable no padal.
  • Terra de Asorei. Albariño con crianza de 6 meses en lías, con moito corpo, untuoso, boa estrutura en boca, con retrogusto afroitado e de marcado carácter varietal
  • Barrica - Terra de Asorei. Albariño con 6 meses de crianza en barricas de carballo. Elegante e complexo onde o paso por barrica non enmascara o carácter varietal do albariño.
  • Espadeiro - Terra de Asorei. Espadeiro armónico con corpo e elegante recordo final. Viño tinto de edición limitada e numerada de 1.800 botellas.
  • Brut - Terra de Asorei. Escumoso de albariño elaborado co método champagnoise e cun mínimo de 18 meses en rima. Con corpo, envolvente e de burbulla fina.
  • Brut Nature - Terra de Asorei. Escumoso de calidade "Brut Nature" albariño, cun mínimo de 24 meses en rima. Floral, fresco e elegante.
  • Nai. Albariño elegante, sutil, moderno, mineral, fresco e de acidez equilibrada, que lle outorga un posgusto longo e persistente.
  • Lías Nai. Albariño con crianza en lías de 6 meses, nariz complexo e con certa nota mineral. Entrada en boca envolvente onde destaca en retronasal o carácter varietal.
  • Colección Nai. Albariño en barrica de carballo. Complexo, boa integración da madeira coa froita e da sua acidez co alcohol, que aportan viveza e frescura que perdura no tempo. Edición limitada e numerada de 3.000 botellas.
  • Brut Nai. Escumoso de Calidade seguindo o método champenoise. Burbulla fina e elegante e con notas minerais.
  • 1953 - Pazo Torrado. Albariño tradicional do Val do Salnés, o de toda a vida en base a un viño afroitado, sabroso e agradable ó paladar.
  • Brut 1953 - Pazo Torrado. Escumoso de Albariño elaborado co método champagnoise. Vibrante, fresco e con unha burbulla pequena e ben integrada.

Atópanos

Enderezo

Lugar de Cabeiro · 36637
Meis · Pontevedra

Coordenadas
42.295093, -8.442382

Queres estar á última das experiencias calidade?