NÉBOA
GANDERÍA QUINTIÁN
Artesanía Alimentaria
TIPO DE QUEIXO:
Queixo refinado elaborado con leite cru de vaca
INGREDIENTES: Leite recén muxido, fermentos lácticos e afinadores, extracto de
callo animal e sal común.
CARACTERÍSTICAS FÍSICAS:
Forma rectangular. Formatos de 300 gr aprox.
ASPECTO INTERIOR:
Firme, compacto e de textura semisuave, con algúns ollos de pequeno tamaño e
orixe mecánica.
Cando se corta, ten unha cor marfil, máis amarelada preto da casca onde a
capa moi cremosa.
DEGUSTACIÓN:
AROMA: cheiro limpo, láctico e doce ao mesmo tempo. Notas de herba, nata e manteiga
un fondo sutil de iogur suave. A súa casca lémbranos á terra mollada e aos cogomelos.
Textura moi fina, suave pero consistente. Moi cremoso e que se funde na boca.
A parte próxima á codia é moi untuosa.
Sabor limpo e moi equilibrado. Láctico ao principio, con notas de crema doce, cereais
e noces crúas (abelás)
Ten unha alta persistencia en boca e un retrogusto intenso onde as notas de
manteiga e unha especia suave sobre un fondo fungoso e terroso da codia.
Temperatura de conservación: 2-4º

