Elixiches esta experiencia...
Mel O PODER DAS FLORES breixo

O PODER DAS FLORES BREIXO

O Poder das Flores
IXP Mel de Galicia

7,50€

Este mel de breixo colléitase integramente en Alfoz, no Val do Ouro, resgardado pola Serra do Xistral e o Pico da Frouxeira. Trátase dun mel de cor ámbar escura con tonalidades vermellas. O seu olor é floral intenso, con leves matices vexetais. En boca resulta doce, con sutil amargor e cun retrogusto intenso que lembra a regalicia ou améndoas amargas.

O Poder das Flores nace do agarimo ao rural galego, mesturado coa paixón polo senlleiro mundo da apicultura. A totalidade dos seus produtos son colleitados na zona norte de Lugo, no pulmón do Val do Ouro e na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Estes lugares idílicos cheos de poder son os que nos deleitan con meles dunha calidade excepcional, á vez que contribúen á súa biodiversidade. En O Poder das Flores apostan firmemente polo mercado local e de proximidade, polo que a confianza e compromiso cos seus clientes sempre é máximo. Por outra banda, os protocolos de colleita e envasado están supervisados polo Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, o que supón o mellor aval de calidade e hixiene.

Ponlles cara

Javier Carreiras Produtor de mel O poder das flores

Atópanos

Enderezo

Facelude, 4 · Carballido
27776 · Alfoz
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

644 024 704

Correo Electrónico
info@opoderdasflores.com

Queres estar á última das experiencias calidade?