O Poder das Flores

Javier Carreiras

O Poder das Flores nace do agarimo o rural galego mesturado co marabilloso mundo da apicultura. Eu e mais o meu irmán Fran contamos con preto de cento cincuenta colmeas na zona do Valadouro e na reserva da biosfera río Eo, Oscos e Terras do Burón.

A orixe desta actividade comenzou fai xa trinta anos,  cando os nosos pais coidaban un pequeno grupo de colmeas por afección, máis tarde e tras o relevo xeracional, tentamos retomar a apicultura tradicional herdada sen perder a nosa propia personalidade.

No 2018 decidimos formar parte do organismo de calidade que representa o Consello Regulador Mel de Galicia que  reforza a imaxe de produto da terra e garantiza a súa calidade.

A nosa actividade permítenos levar unha vida sustentable e manter un estreito contacto coa natureza así como rexenerar leiras familiares abandonadas contribuindo a manter a paisaxe rural galega.

Deste legado xorde O Poder das Flores, un produto que recolle o poder da apicultura e a natureza e que se proxecta ao mundo.

Por riba de todo defendemos o sector primario dando visibilidade o entorno rural e facendo o posible por poñelo en valor.

Sentímonos orgullosos de poder levar a cabo a nosa actividade en O Poder das Flores integrado nunha contorna marabillosa cos nosos produtos e ilusionarnos cun obxectivo de vida de calidade.
 

O Poder das Flores
As nosas colmeas

A totalidade das nosas alvarizas atópanse na zona norte de Lugo: Serra do Xistral, Valadouro e a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Cada alvariza compónse dun máximo de cincuenta colmeas, así,  evitamos unha posible sobreexplotación da flora e de calquera estrés que poda afectar ás nosas abellas.

En O Poder das Flores empregamos colmeas que permiten separar a zona de cría da zona de almacenamento. Isto outorga unha gran vantaxe sanitaria, xa que o mel extraído deste xeito, non ten ningún tipo de residuo ou contaminante, polo que obtense un mel totalmente natural.

As nosas colmeas
Os meus produtos

A totalidade de todos os nosos produtos son colleitados na zona norte de Lugo, no Valadouro e na Reserva da biosfera do río Eo, Oscos e terras do Burón.

Estes lugares idílicos son os que nos deleitan con meles dunha calidade excepcional. O Poder das Flores produce varios tipos de mel: multifloral, de eucalipto, de castiñeiro e de breixo.

O mel multifloral ten unha cor escura, aroma floral, en boca sabor doce con notas a froitas e lixeiro amargor debido ao breixo do verán. O mel de eucalipto ten unha cor ámbar e aroma floral intenso moi fresco. En boca predomina a dozura e lixeira acidez con toque a cera.

O de castiñeiro é de cor ámbar, aroma floral e amadeirado, en boca sabor doce con notas salgadas e persistentes no padal.

E, por último, o mel de breixo é de cor ámbar escura e aroma floral. En boca ten toque amargos mesturados coa dozura das flores do verán.
 

Atópanos

Enderezo

Facelude, 4 · Carballido
27776 · Alfoz
Lugo

Coordenadas
43.53975, -7.3878333

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp