Elixiches esta experiencia...
Ó PRÓMINE SINGULAR
Bodegas Petrón S.L.
DO Ribeira Sacra
Aspecto limpo e brillante, con capa alta. Cor vermella picota con escintilacións violáceas.
Aroma intenso, profundo e de marcada complexidade. Predominan notas de froitas maduras e balsámicos —arando, cirola madura, mentolados e tabaco—.
É de destacar a súa estrutura, equilibrio e harmonía. Bo paso por boca, sedoso e cun longo recordo aromático.