Elixiches esta experiencia...
Ó PRÓMINE SINGULAR
Bodegas Petrón S.L.
DO Ribeira Sacra
De aspecto limpo e brillante, con capa alta, de cor vermella picota con escintileos violáceos.
Aroma intenso, profundo e de marcada complexidade. Predominan notas de froitas maduras e balsámicas -arandos, ameixa madura, mentolados, tabaco.
É de destacar a súa estrutura, equilibrio e harmonía. Bo paso por boca, moi sedoso e con longo recordo aromático.
Maridaxe: Carnes, cocidos e caza.