Elixiches esta experiencia...
Peza do Rei

Peza do Rei

Adega Cachín, S.L.
DO Ribeira Sacra

7,00€

Cor vermella cereixa picota, ben cuberto. Capa media. Aspecto limpo e brillante.

Intensidade aromática media alta con recordos a froitos vermellos, varietal e expresivo.

Equilibrado, suave, froiteiro, cun final redondo e agradable.

Maridaxe: embutidos, queixos semicurados, peixes azuis, carnes brancas e incluso vermellas asadas.

Adega Cachín cultiva trece hectáreas de viñedos, das cales cinco se atopan na parcela que lle dá nome e prestixio pola excelente materia prima que produce: Peza do Rei. Este viño está elaborado coa variedade nobre Mencía, nunha porcentaxe do 90%, xunto co resto de variedades autóctonas, neste caso: Merenzao, Tempranillo, Sousón e Garnacha. Con viños coma este, procuran expresar con honestidade o seu labor dentro da viticultura e o respecto á terra, en forma de elaboracións complexas, diferentes e dotadas de gran personalidade.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA CACHÍN

Bodegas Cachín

En ADEGA CACHIN ofrecemos catas e visitas a bodega e viñedos con reserva previa no teléfono 691410494.


Nesta zona atópase moitos lugares de interés para visitar. Un dos miradores mais bonitos é o Mirador de Matacás, situado a 3km da bodega.

A uns 9 km atopamos a queixería TOUZA VELLA,a cal foi galardoada con un premio a nivel mundial recientemente.
 

Ponlles cara

César Enríquez

Atópanos

Enderezo

Abeleda, s/n · 32764
A Teixeira · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

671 705 642

Correo Electrónico
adegacachin@adegacachin.com

Queres estar á última das experiencias calidade?