Peza do Rei
Adega Cachín, S.L.
DO Ribeira Sacra
D.O. Ribeira Sacra
Abeleda, s/n · 32764
A Teixeira · Ourense
671 705 642
https://www.adegacachin.com
adegacachin [at] adegacachin.com (adegacachin[at]adegacachin[dot]com)
Ola son César Enríquez, viticultor e adegueiro de Adega Cachín e agora mesmo atopámonos no viñedo que se chama Peza do Rei. Esta viña é a que dá orixe ao noso nome comercial, está no Concello da Teixeira, no lugar de Abeleda, na Ribeira Sacra ourensá. O noso camiño comezou coa iniciativa do meu pai en 1995 motivado pola paixón que sentía pola terra e esta zona.
As uvas que cultivamos son destes maravillosos bancais, con terreos pizarrosos o que lle aporta as nosas variedades, mencía e godello principalmente, unhas características excepcionais.
Ribeira Sacra non só é viño senón que é un conxunto de paisaxe, cultura e patrimonio que non te podes perder e que vos convidamos a gozar con algún dos nosos caldos elaborados con tanto agarimo.
PEZA DO REI Tinto Xoven: é un viño tinto xoven pertencente a D.O. Ribeira Sacra con un 90% de Mencía e un 10% de outras variedades como Merenzao, Garnacha, Sousón. Ten unha graduación de 13º. E unha cor vermella cereixa picota.
PEZA DO REI Blanco Xoven: É un viño branco xoven pertencente a D.O. Ribeira Sacra con un 93% de Godello e un 7% de outras variedades. Conta con unha graduación de 13.5º. A súa cor é amarillo palla.
PEZA DO REI Rosado Xoven: É un viño rosado 100% Mencía amparado pola D.O. Ribeira Sacra. Ten unha graduación de 13º e unha cor rosa freisón pálida.
PEZA DO REI Tinto Barrica: é un viño tinto 100% Mencía pertencente a D.O. Ribeira Sacra envellecido en barrica de roble francés durante 12 meses. A súa cor é vermella granate con ribete morado. E ten unha graduación de 13.5º.
Abeleda, s/n · 32764
A Teixeira · Ourense