Elixiches esta experiencia...
Peza do Rei rosado
Adega Cachín, S.L.
DO Ribeira Sacra
Cor rosa amorodo pálido, con reflexos violáceos. Aspecto limpo e brillante.
Intensidade alta, con recordos de froitas vermellas silvestres como amorodo e cereixa, típicos da variedade Mencía.
Entrada suave, cunha lixeira acidez que lle achega frescura. Boa persistencia que o fai un viño agradable e fácil de beber.
Maridaxe ideal con ensaladas, pasta, peixes e mariscos.