Elixiches esta experiencia...
Prómine

PRÓMINE

Bodegas Petrón S.L.
DO Ribeira Sacra

9,00€

Moi limpo e brillante, con capa media alta, de cor vermella cereixa intensa.

Aroma elegante e complexo, sobresaen as notas a froitas tipo mora, arando vermello, framboesa e cereixa negra, predominando sobre sutís notas florais.

En boca é moi harmónico e amplo, destaca por unha tanicidade moi lixeira que lle achega persistencia e estrutura.

Bodegas Petrón nace no ano 2005 en Doade, Sober, en pleno corazón da Ribeira Sacra. A adega é propietaria de diferentes viñedos nas ribeiras do río Sil, con abundantes cepas que lograron sobrevivir ao paso do tempo e que se manteñen en plena forma para proporcionar acios de gran calidade, con uva principalmente da variedade Mencía. Precisamente, Prómine Singular está elaborado cento por cento con esta variedade de uva de produción propia.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA PRÓMINE

Experiencia Prómine

Creo que só se coñeces a nosa contorna, comprenderás o que significan os nosos produtos. Non se necesita ter vencello co mundo do viño para apreciar a súa beleza e singularidade. 

Para que comprendas mellor os nosos viños, realizamos visitas guiadas como parte do proxecto de enoturismo coordinado pola DO Ribeira Sacra. Durante a visita guiada á adega descubrirás o proceso de elaboración dos viños Petrón e aprenderás moitos conceptos relacionados coa produción do viño e a súa cata. O que máis lle sorprende a quen nos visita é esta terra, a paisaxe, os ríos, os seus viñedos, a viticultura "heroica"  e a súa singularidade que se transmite a uns viños de excelente calidade.

Ponlles cara

Tania Bodegas Petrón

Atópanos

Enderezo

Lugar de Francos, s/n 27424 · Doade Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

695 747 975

Correo Electrónico
bodega@bodegaspetron.es

Queres estar á última das experiencias calidade?