Elixiches esta experiencia...
Queixo con chourizo Porco Celta

QUEIXO con chourizo de Porco Celta 400g aprox.

Cooperativa de Produtores do Campo da Capela S.C.G.
Artesanía Alimentaria

9,06€

É un queixo semicurado de leite cru que conta con pequenos anacos de chourizo de Porco Celta integrados na propia pasta do queixo e a súa codia comestible está bañada en pementón doce. É un queixo moi recomendado para empregar na cociña, xa que funde moi ben e aporta o sabor do embutido como complemento.

Campo Capela é unha cooperativa que reune a 33 pequenos produtores de leite, cun promedio de 15 vacas que son criadas en réxime semi-extensivo nos prados que rodean á cooperativa. Os produtos que elaboramos son artesanáis, frescos, con sabor auténtico á nosa terra e con garantía de orixen, temos produtos dentro da D.O.P. Queixo Tetilla e tamén en Artesanía alimentaria.

Ademáis os nosos queixos contan con recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional. O noso queixo O Mouro, o tetilla e o curado contan con varios premios no World Cheese Awards.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA CAMPO CAPELA

CAMPO CAPELA

Ofrecemos visitas guiadas para grupos numerosos previo consenso entre as partes. Mediante reserva ou contacto previo, pódese estudiar dita posibilidade chamando ao teléfono 679 451 824.

Ponlles cara

Andrea Piñeiro

Atópanos

Enderezo

Os Calzados, 8
15613 A Capela
A Coruña

Coordenadas

Contacta

Teléfono

981 459028

Correo Electrónico
info@coopcapela.com

Queres estar á última das experiencias calidade?