Elixiches esta experiencia...
Inverno

QUEIXO DE INVERNO 500g aprox.

Cooperativa de Produtores do Campo da Capela S.C.G.
Artesanía Alimentaria

17,79€

Queixo curado de leite cru de vaca. É un queixo estacional xa que soamente o elaboramos co leite de outubro a marzo, o mellor leite da temporada. Este queixo elabórase o máis fiel xeito tradicional, mantendo os baños en salmoira. Ten unha salinidade marcada e o queixo vai evolucionando ao longo da tempada de produción tanto en sabor como en grao de curación.

Campo Capela é unha cooperativa que reune a 33 pequenos produtores de leite, cun promedio de 15 vacas que son criadas en réxime semi-extensivo nos prados que rodean á cooperativa. Os produtos que elaboramos son artesanáis, frescos, con sabor auténtico á nosa terra e con garantía de orixen, temos produtos dentro da D.O.P. Queixo Tetilla e tamén en Artesanía alimentaria.

Ademáis os nosos queixos contan con recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional. O noso queixo O Mouro, o tetilla e o curado contan con varios premios no World Cheese Awards.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA CAMPO CAPELA

CAMPO CAPELA

Ofrecemos visitas guiadas para grupos numerosos previo consenso entre as partes. Mediante reserva ou contacto previo, pódese estudiar dita posibilidade chamando ao teléfono 679 451 824.

Ponlles cara

Andrea Piñeiro

Atópanos

Enderezo

Os Calzados, 8
15613 A Capela
A Coruña

Coordenadas

Contacta

Teléfono

981 459028

Correo Electrónico
info@coopcapela.com

Queres estar á última das experiencias calidade?