Elixiches esta experiencia...
DANIBERTO S.SIMÓN

Queixo DOP San Simón da Costa

Queixería Daniberto S.A.T.
DOP San Simón da Costa

19,95€

Queixo elaborado con leite de vaca da Terra Chá e afumado con madeira de bidueiro. Ten forma característica de bala, textura semidura e un sabor suave con toque afumado moi recoñecible.

A Queixería Daniberto elabora os seus queixos conxugando unha receita tradicional coas mellores materias primas e o máximo control hixiénico-sanitario. Dúas características especiais que destacan na produción dos queixos da DOP San Simón da Costa, outorgándolle o seu particular sabor e aroma, son precisamente a materia prima e o afumado. A zona óptima de produción de leite apto para a elaboración destes produtos está composta pola área xeográfica que abarca a comarca da Terra Chá, en Lugo. Concretamente, nunha zona comprendida polos concellos da Pastoriza, Begonte, Muras, Xermade, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Cospeito.

Atópanos

Enderezo

Lugar Pude, 2 · San Simón da Costa
27820 · Vilalba
Lugo

Contacta

Teléfono

607 577 998

Correo Electrónico
daniberto@daniberto.com

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp