Elixiches esta experiencia...
O Mouro

QUEIXO O MOURO 400g aprox.

Cooperativa de Produtores do Campo da Capela S.C.G.
Artesanía Alimentaria

10,10€

Este queixo é un semicurado de pasta branda de leite cru de vaca que se distingue por ter un baño de café e canela na súa codia comestible. Ao ter condimentos na mesma, aportan sabores e matices diferenciados ao queixo. É un queixo suave e cremoso, con notas predominantes a leite, iogur e a café no retrogusto.

Campo Capela é unha cooperativa que reune a 33 pequenos produtores de leite, cun promedio de 15 vacas que son criadas en réxime semi-extensivo nos prados que rodean á cooperativa. Os produtos que elaboramos son artesanáis, frescos, con sabor auténtico á nosa terra e con garantía de orixen, temos produtos dentro da D.O.P. Queixo Tetilla e tamén en Artesanía alimentaria.

Ademáis os nosos queixos contan con recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional. O noso queixo O Mouro, o tetilla e o curado contan con varios premios no World Cheese Awards.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA CAMPO CAPELA

CAMPO CAPELA

Ofrecemos visitas guiadas para grupos numerosos previo consenso entre as partes. Mediante reserva ou contacto previo, pódese estudiar dita posibilidade chamando ao teléfono 679 451 824.

Ponlles cara

Andrea Piñeiro

Atópanos

Enderezo

Os Calzados, 8
15613 A Capela
A Coruña

Coordenadas

Contacta

Teléfono

981 459028

Correo Electrónico
info@coopcapela.com

Queres estar á última das experiencias calidade?