Elixiches esta experiencia...
QUEIXO TETILLA DOP 500 GRS

QUEIXO TETILLA DOP 500 GRS

Lácteos Farelo
DOP Queixo Tetilla

6,75€

O queixo da DOP Tetilla presenta a súa forma cónica característica, codia fina e cor amarelo palla. Queixo de pasta branda de gran cremosidade en boca e un sabor moi natural, lácteo, lixeiramente acído e salgado suave.

Lácteos Farelo é unha queixería situada en Agolada que mantén un firme compromiso coa elaboración artesanal e coa preservación do natural. A súa filosofía baséase en combinar unha materia prima de quilómetro cero, procedente de ganderías próximas, co saber facer tradicional transmitido xeración tras xeración. O resultado son queixos cun carácter propio, textura cremosa e sabor equilibrado, que reflicten a identidade do territorio.

Está especializada na produción de queixos con DOP Arzúa-Ulloa e Tetilla, aínda que tamén elabora outras variedades de queixo galego que comercializa tanto no mercado autonómico como no resto de España e a nivel internacional.

Desde a súa fundación, hai máis de catro décadas, acompaña un lema que resume a súa esencia: “non comas con queixo… nin comas sen queixo… Farelo”, expresión popular que conecta tradición, calidade e cultura gastronómica. 

Os Pendellos de Agolada, Lalín e Monte Faro de Rodeiro

Lácteos Farelo

Os Pendellos de Agolada, declarados Conxunto Histórico Artístico en 1985. As construcións datan do século XVIII e durante máis de 200 anos acolleu unha das feiras máis populosas de Galicia. Na actualidade é un lugar de exposición de traballos artesáns, festas populares e actos culturais. Existe unha capela en honra ás Virtudes na rúa da Parranda e destaca a beleza da praza da Randulfa, que conserva un empedrado histórico.

Lalín, o corazón de Galicia.  A súa localización céntrica convértea nun punto ideal para explorar Galicia con tranquilidade e autenticidad. eDestaca pola súa tradición gastronómica, especialmente o famoso Cocido de Lalín, e polo seu patrimonio cultural, co Museo Municipal Ramón María Aller, dedicado ao astrónomo lalinense; o Museo Galego da Marioneta; o Pazo de Liñares, edificio señorial rodeado de natureza; e a Igrexa de Santiago. Nos arredores, a Fraga de Catasós ofrece unha das mellores carballeiras de Galicia, ideal para sendeirismo e natureza.

Monte Faro de Rodeiro. O punto máis alto do municipio e un excelente miradoiro natural da comarca. Situado en plena natureza, ofrece vistas panorámicas espectaculares e un entorno ideal para sendeirismo, fotografía e turismo rural. A súa capela e o seu valor paisaxístico convérteno nun lugar emblemático para visitantes que buscan tranquilidade e beleza natural. 

Ponlles cara

Lácteos Farelo

Atópanos

Enderezo

Romariz s/n, 36520 As Trabancas, Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

607462305

Correo Electrónico
admin@lacteosfarelo.es

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp