Elixiches esta experiencia...
Quinta das Tapias 10

Quinta das Tapias 10

Adega Tapias Mariñán. Pazo Blanco Núñez, S.L
DO Monterrei

Cor vermella granate intensa, reberete violáceo. Boa bágoa.

Nariz de froita madura pero fresca, ben ensamblada cos balsámicos do seu paso pola barrica. Regalicia, amorodo, mora e framboesa case grosella; todo sobre un fondo de vainilla e lixeiros tostados, tofe, cacao e notas especiadas van aparecendo coa osixenación do viño. Fragrante, complexo e elegante.

Untuoso e saboroso, cremoso e de boa estrutura. Paso en boca amplo, suave e glicérico, sen arestas. Perfectamente equilibrado, lixeiramente cálido e cun punto lambisqueiro. Posgusto de recordo moi longo e agradable.

Maridaxe: perfecto con patés, arroces, carnes brancas e vermellas, aves e caza. Ideal tamén para un aperitivo a base de queixos semicurados e curados.

A adega Tapias Mariñán xorde pola iniciativa dos irmás Branco Núñez, galegos arraigados en Barcelona e vinculados ao sector vitivinícola. Co tempo, esta sociedade fraternal aposta pola compra de viñedos e a situación da adega na localidade verinensa de Pazos, lugar idóneo situado dentro da DO Monterrei. 

Fundouse no ano 2004, e a día de hoxe conta con 85 ha de viñedo propio, de diferentes castes, en uva branca, godello, treixadura, albariño, dona branca e loureira,e no caso de uva tinta, mencía, araúxa e sousón.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA MARIÑÁN

Adega Tapias Mariñán

En Tapias Mariñán temos a posibilidade de ofrecerlle o visitante unha visita guiada polas instalación da adega, así como polos viñedos, con unha cata incluída o final da visita na que seguiremos contando información sobre os nosos viños, e responder as dubidas que lle aparezan os visitantes.


Preto da nosa adega pódese visitar O Castelo de Monterrei , e despois xa na zona de Verín podense visitar as diferentes rutas da Auga (Cabreiroa, Sousas...)

Ponlles cara

Aníbal Blanco

Atópanos

Enderezo

Estrada Nacional 525
Km 170,4 · Pazos · 32619
Verín · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 411 693

Correo Electrónico
info@tapiasmarinhan.com

Queres estar á última das experiencias calidade?