Elixiches esta experiencia...
Setembro 20
Pazo de Valdeconde
DO Monterrei
Vermello granate con reflexos violáceos. Limpo e brillante. De boa capa, glicérico.
Intenso en nariz. Aromático, con froitas variadas —cereixas, arandos, amoras, cirola pasa, framboesa e regalicia—, notas de flores e especiadas.
Boca potente e redonda de lixeira textura graxa. Estrutura media, equilibrado e de boa untuosidade.
Maridaxe: Perfecto para acompañar todo tipo de carnes vermellas, peixes azuis, cocido galego, cogomelos e guisos.