Elixiches esta experiencia...
TERRA DE ASOREI BARRICA DE CARBALLO 2022
TERRA DE ASOREI BARRICA DE CARBALLO 2022

TERRA DE ASOREI BARRICA DE CARBALLO 2022

Terra de Asorei, S.L.
DO Rías Baixas

18,50€

Capa media de cor amarela limón.
Aroma de intensidade media-alta onde resaltan as notas de barrica nova, sen
perder o carácter varietal do Albariño. Fondo de froitas cítricas.
Envolvente, glicérico, cunha acidez moi ben integrada onde volven a saír as
notas de madeira no retronasal.
Harmonía: Mariscos, verduras salteadas, queixos afumados e carnes brancas.

Esta adega traballa os viñedos coma o escultor traballa a pedra, tallando con ciceladas de experiencia, ciencia, alma e humanidade para acadar arte feita viño: Terra de Asorei. Cambados, capital do Albariño, é terra de grandes escultores que levaron a pedra e a madeira galega a formar parte do diálogo universal da arte, coma eles queren presentar a autenticidade do albariño Terra de Asorei para entrar en diálogo cos grandes viños do mundo.

 

VIVIR UNHA EXPERIENCIA TERRA DE ASOREI

Terra de Asorei

Ven a coñecernos, ven a compartir con nos a autenticidade e a afouteza que representa a viticultura feita á man, humana e social do Val do Salnés, nas Rías Baixas en Galicia. Ofrecémosche unha experiencia enoturística na que compartiremos a nosa paixón contigo e verás cómo elaboramos os nosos viños, como se transforman esos racimos de uva, coidados con tanto cariño ata converterse nos nosos albariños que elaboramos no Salnés e que hoxe teñen presencia en máis de 18 países, de EEUU a Xapón, de Canadá a Rusia, de Inglaterra a Porto Rico, de Escocia a Holanda, de Bélxica a Polonia, de Alemaña a Irlanda….

Queremos emocionarte… ven a disfrutar dun momento auténtico. Queremos que leves algo de nos, que leves no teu corazón Galicia, a nosa cultura galega. Ofrecemosche moitas experiencias vinculadas cos nosos viños que non esquecerás. Ti elixes!! Deixate sorprender con: visitas á adega, aos viñedos singulares, degustación da nosa completa gama de albariños, catas comentadas, degustación gastronómica de produtos típicos da gastronomía galega, rutas guiadas, saídas en barco e moito máis que poderás desfrutar se nos consultas previamente. Reserva a túa visita!!

Enoturismo Terra de Asorei

 

 

Ponlles cara

Adegas Terra de Asorei

Atópanos

Enderezo

Lugar de Cabeiro · 36637
Meis · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 680 868

Correo Electrónico
info@terradeasorei.com

Queres estar á última das experiencias calidade?