VÍA ARXENTEA. Mencía Barrica 2022
Vía Arxéntea. Manuel Guerra Justo
DO Monterrei
Viño tinto con madeira, envellecido 8 meses en barricas de roble francés. Colleita 2022. Graduación: 13% Vol. Produción limitada de 1200 botellas.
Cor vermello granate, ribete violáceo, e boca capa. Bágoa abundante, limpo, transparente e brillante.
Nariz intensa, aroma a froita madura e balsámicas ben integradas. Mora, fresa, frambuesa sobre un fondo de vainilla e lixeirísimas notas mentoladas. Tefaliz, toffee e cacao acompañan as notas de coco raiado e follas de tabaco. Complexo e elegante.
Boca de boa estrutura, carnoso e de taninos maduros, doces e envolventes. Boa untuosidade, sabroso e redondo, lixeiro punto goloso cálido e moi largo. En definitiva un viño que fai do seu paso por boca unha experiencia agradable e chea de sensacións.
Harmonía: Ideal con todos os pratos típicos da cociña tradicional galega.

