DIQUEIXA Arzúa-Ulloa 900g
Queixo de sabor suave, lixeiramente salgado e un chisco ácido que nos lembra ao seu artesanado, o que lle valeu a Distinción de Ouro na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021.
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g
Queixo de aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur, galardoado coa Distinción de Bronce nas Catas de Galicia 2021.
ARTELAC NABIZA
Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.
ARTELAC
Artelac é un queixo con DOP Arzúa-Ulloa, con pasta de cor uniforme, entre a branca marfil e a amarela pálida e textura cremosa.
TERRA DE MELIDE ARZÚA-ULLOA
Este queixo de carácter cremoso e pasta branda de cor uniforme, entre branca marfil e amarela foi acredor das Distincións de Prata nas Catas de Galicia 2021 e de Bronce nas edicións 2020 e 2024.

