Pazo Casanova
Da marxe dereita do Miño, onde se asentan as leiras A Cerca e Pazo, sobre chan granítico e xistos, proceden as uvas de treixadura, godello, albariño e loureira, que se vendiman a man para obter este viño da DO Ribeiro, galardoado co Acio de Bronce de viños brancos nas Catas de Galicia 2020.
1932 de Pazo Vieite 2018
Pura treixadura de viñedos propios da súa adega da DO Ribeiro. Galardoado co Acio de Prata de viños brancos de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2020.
Son de Arrieiro
Homenaxe aos arrieiros, elaborado coa treixadura do Val do Avia, enriquecida con lado e loureira do Val de Arnoia. Obtivo o Acio de Ouro aos viños brancos de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2020.
Pazo do Mar “Expresión”
O frescor floral da treixadura da DO Ribeiro xunto cunha coidada elaboración valéronlle o Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2020.

