Elixiches esta experiencia...
1932 de Pazo Vieite 2018

1932 de Pazo Vieite 2018

Pazo de Vieite, S.L
DO Ribeiro

9,50€

Cor amarela pálida con reflexos verdosos. Brillante e limpo

Aromas primarios varietais, froita fresca de óso — albaricoque, melocotón—, toques de froitas tropicais —piña e mango—.

Fresca entrada, saboroso e equilibrado. Estruturado, posgusto que lembra á fase olfactiva froiteira. Longo e con final amargo, característico da treixadura

Maridaxe: queixos frescos, peixe, mariscos, aves de curral e carnes pouco elaboradas

A filosofía da adega Pazo de Vieite é traballar e coidar con esmero as súas dez hectáreas de viñedo propio, xa que este é o factor máis importante para producir viños de calidade. A uva predominante é a variedade Treixadura, aínda que tamén se cultiva Godello, Albariño, Loureira eTorrontés.1932 de Pazo Vieite, está elaborado cento por cento con uva Treixadura, e Farnadas cunha mezcla de todas elas. As viñas están situadas en ladeiras e terrazas ao abrigo do norte, a unha altitude de entre 200 e 350 metros, onde a maduración da uva é óptima. As conducións son en espaleira, contrólase a carga máxima por cepa e selecciónanse os acios tanto na viña como na súa entrada á adega, todo iso para conseguir unha boa ventilación, maduración e sanidade das uvas.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA VIEITE

Experiencia Vieite

Para que comprendas mellor os nosos produtos, realizamos visitas guiadas como parte do proxecto de enoturismo. Durante a visita guiada á adega descubrirás o proceso de elaboración dos viños e aprenderás moitos conceptos relacionados coa produción do viño e a súa cata. O que máis lle sorprende a quen nos visita é a paisaxe e os seus viñedos.

Outros lugares de interés para visitar cerca da ubicación da adega son:

Mosteiro de San Clodio, Museo do Viño de Galicia, Barrio Xudeu de Ribadavia, Ruta dos Arrieiros, Camiño Miñoto-Ribeiro, aldea de Pazo de Arenteiro, Igrexa de Beade, Zona Recreativa Pena Corneira, Ponte Colgante e Area Recreativa do Salgueiral en Leiro, Termas de Prexigueiro.


 

Ponlles cara

Montse López

Atópanos

Enderezo

Crtra. Ribadavia a Carballiño · Km.6
Vieite · 32419 · Leiro · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 488 229

Correo Electrónico
info@pazodevieite.es

Queres estar á última das experiencias calidade?