
Son de Arrieiro
Xulia Bande. Julia Mar Bande Pivida
DO Ribeiro
Limpo e brillante, de cor amarela con lixeiras escintilacións verdosas.
Aroma limpo e intenso, elegantes afumados e sutís tostados que se mesturan cos aromas característicos das principais variedades brancas galegas —froitas de óso, melocotón, mazá verde e lixeiras notas florais—.
Excelente persistencia e frescura natural, sen arestas, cunha madeira sutil que lle imprime carácter, complexidade e un agradable recordo aromático.
Maridaxe: todo tipo de peixes e carnes. Moi versátil, marida á perfección con gran variedade de pratos.