1040 Sameirás
Marca premiada co Acio de Bronce na categoría de viños de elaboracións con madeira branco nas Catas de Galicia 2021. Viño con dous anos en botella e irá evolucionando co tempo.
Almalarga
Viño elaborado con uva godello procedente de viñedos dos escarpados bancais característicos da Ribeira Sacra, galardoado co Acio de Ouro na categoría de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021.
A illa
Viño albariño procedente do Salnés, limpo e con moito brillo, galardoado co Acio de Ouro na categoría de Viños de colleiteiro y de pequenas adegas branco nas Catas de Galicia 2021.
Vía Arxéntea. Godello e Treixadura 2024
Viño branco elaborado coas variedades godello (60%) e treixadura (40%), premiado co Acio de Ouro na DO Monterrei viños brancos nas Catas de Galicia 2021
Manuel Rojo
Viño branco único e concentrado, cun sutil e elegante fondo mineral. Os seus potentes sabores afroitados envólvennos dende o primeiro momento acompañados de elegantes notas cremosas, proporcionadas por uvas de treixadura, lado, godello e albariño. Galardoado co Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2021.
Mar de Frades
O albariño que convida a vivir en azul cada momento, envolve co seu frescor e o seu corpo, creando un equilibrio entre a delicada elegancia e o atractivo volume. Acio de Bronce nas Catas de Galicia 2021.

