BARRAL Queixo Tetilla 550g
O queixo Barral elabórase con leite de vaca natural e enteiro, no seu caso pasteurizado, procedente das razas Rubia Galega, Frisoa, Pardo-Alpina e os seus cruzamentos. Obtivo a Distinción de Prata nas Catas de Galicia 2020.
QUEINAGA Queixo Tetilla 1000g
Elaborado respectando a tradición, presenta a súa característica forma cónica e cor amarela natural. Marca premiada ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2024.
PAZO DE ANZUXAO Queixo Tetilla 1000g
Queixo de pasta branda, cremosa e uniforme con poucos ollos, de cor branca-marfil amarelenta. Galardoado ca distinción de Prata na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2022.
DON CRISANTO Queixo Tetilla 1000g
Don Crisanto é un queixo graxo madurado de pasta branda, cremosa, moi uniforme e con apenas ollos. Marca premiada coa distinción de Ouro na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2023 e Prata no 2021 e 2024.
DANIBERTO
Queixo elaborado con leite de vaca, de sabor lácteo, manteigoso, lixeiramente ácido e salgado suave. Galardoado ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2022.
TERRA DE MELIDE QUEIXO TETILLA
Elaborado con leite procedente das pequenas gandeirías da súa contorna, nesta queixería familiar asentada no rural, que obtivo a Distinción de Bronce na edición 2021 das Catas de Galicia e Ouro no 2024.
ARQUESÁN
Arquesán destaca pola súa cremosidade, cun sabor que lembra ao leite e á manteiga das gandeirías da súa contorna, o que a fixo merecedora da Distinción de Ouro nas Catas de Galicia 2020.

